Hoxe presentábase a unhas das persoas que colaboran activamente co noso novo proxecto radiofónico en Radio Xallas-Radio Obradoiro. O responsable comarcal de Unións Agrarias, Ángel Alvariño Saavedra coordina a sección do agro que se emitirá cada xoves na nosa emisora.
Alvariño é un home moi vencellado ao medio rural e tamén as bisbarras de Xallas e Barcala. Na presentación aproveitou para facer un chamamento a sociedade xalleira para que respalde a manifestación do vindeiro 12 de setembro, e que partirá as 12,00h da Casa da Cultura de Santa Comba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario