Mega

domingo, 28 de abril de 2013

Feira de Primavera Santa Comba 2013

Crónica dunha feria na Terra do Xallas.




@xmlema


Santa Comba acolleu a súa Feira de Primavera organizada pola asociación de empresarios coa colaboración do concello xalleiro e segundo me confirmaba o presidente da asociación, Óliver Silvariño “foi un éxito total”. Máis visitantes que noutras ocasións e vendas similares. E iso nos tempos que corren non é un mal dato.


Aparte da ledicia da organización, desde Radio Xallas-Radio Obradoiro consultamos a varios comerciantes que nos confirmaron que a experiencia estivera ben e que a pesares de que houbera máis xente o domingo, a maioría fixera máis “caixa” o sábado.


A área infantil estivo moi concurrida. Na Feira de Primavera houbo unha ampla diversidade de produtos expostos, con demostracións e incluso a posibilidade de probar algún referencia da gastronomía local ou foránea. Tampouco faltou unha pulpeira.

E eu quedeime con esta fotografía visual:


O domingo mentras varias persoas degustaban uns cocktails e unha capirinhas nun stand, ao seu carón o xerente de Xallas Casa pechaba a venda dun piso en Santa Comba, unhas mulleres pasaban cunhas bolsas de roupa e calzado e un neno e mailo seu avó probaban un chourizo. A escasos metros un paisano mercaba un coitelo. Unha simple fotografía das moitas que se poideron ver nesta Feira da Primavera.



radioxallas@yahoo.es

EN FACEBOOK Radioxallas Santa Comba  Twitter @aencrucillada



No hay comentarios:

Publicar un comentario