Comenzamos unha nova rolda de entrevistas cós líderes locais.
Nos vindeiros dias Radio Xallas- Radio Obradoiro iniciará un novo ciclo de entrevistas políticas sobre o concello de Santa Comba. Será a segunda rolda de charlas nas que se analizará a situación política actual do municipio.
Na sintonia do programa local do programa “Na Encrucillada” serán convidados os voceiros municipais Miguel Pérez(IXSC), Javier Facal(Tega), José Antonio Ucha(PSOE)e Antonio Landeira(PP).
Con anterioridade tamén será convidado o responsable local do BNG, Filipe García Calvo
Neste blog iremos informando con antelación das datas a medida que pechemos as entrevistas.
Lembramos que podes seguirnos en Twitter @aencrucillada ou en Facebook Radioxallas Santa Comba
No hay comentarios:
Publicar un comentario