Mega

lunes, 10 de junio de 2013

Tódolos programas de "Na Encrucillada" ao teu alcance

Estreamos servizo de podcast para a nosa audiencia.


Por fin podemos dar cumprimento a unha das demandas de moitas persoas que por diferentes motivos non podían escoitar tódolos programas de "Na Encrucillada" ou que incluso querían volver a escoitar algunha entrevista.

Desde fai un dez días xa almacenamos tódolos programas no portal www.ivoox.com e onde buscando "Na Encrucillada" se poden escoitar e descargar. Pero, desde hoxe, e para facilitar un pouco máis as cousas, colgaremos os audios das últimas edicións de "Na Encrucillada" na portada deste blogue.

Tamén lembramos que para contactar connosco poden chamarnos ao 627217963 ou escribirnos a radioxallas@yahoo.es. Estamos presentes en Facebook (Radio Xallas) e en Twitter (@aencrucillada).





No hay comentarios:

Publicar un comentario