Mega

martes, 12 de noviembre de 2013

Sobre a movida de Santa Comba

Nota de prensa do concello de Santa Comba sobre a problemática da movida xalleira.



O concello de Santa Comba defende a movida xalleira como un motor económico da zona e non entende as críticas interesadas que pretenden  danar a súa imaxe.


Diante das informacións publicadas esta fin de semana nos medios de comunicación sobre a denominada “movida xalleira” desde o concello de Santa Comba queremos facer as seguintes declaracións:


O concello defende a existencia  e a potenciación da “movida xalleira” porque é un “motor económico” e dinamizador social no municipio.

O actual equipo de goberno vela polo respecto a actual normativa, e mostra dese compromiso foi a regularización da situación dos establecementos hostaleiros realizada na presente lexislatura.

Non temos constancia das denuncias que se citan nos medios de comunicación, pero consideramos que a reiteración nas propias informacións, revela un intento de danar o fenómeno social que se vive en Santa Comba cada fin de semana.  E se Santa Comba consegue reunir a milleiros de mozos tódalas fins de semana, foi pola hospitalidade dos seus negocios e polo carácter tranquilo, divertido e seguro da súa “movida”.

Estamos convencidos de que hai un cumprimento xeneralizado nos locais de ocio, e confiamos no traballo dos axentes  das forzas da seguridade do estado para detectar calquera anomalía puntual, aparte das ameazas pintorescas sobre accións de detectives.

A pesares da falta de coñecemento ou dos supostos intereses escuros que poden seguir os continuos ataques contra a actividade de ocio no noso concello, queremos trasladar a mensaxe de que estamos ante unha “movida” sa e ordenada, que cualificamos de “exemplar” en relación co contexto de toda a provincia.


Tamén queremos aclarar que as persoas que pretendan facer dano a movida xalleira ou ós intereses xerais do noso concello encontraranse de fronte co noso goberno, sempre dentro do marco legal. Non entendemos esta especia de manía persecutoria que hai contra uns establecementos que pagan impostos, e crean emprego en tempos de crise e contra un concello que actúa con total sensibilidade as leis, pero se o que se pretende e algún tipo de amedentramento ou ataque o goberno local tomará sempre as accións que crea oportunas.

Antonio Landeira Gallardo

No hay comentarios:

Publicar un comentario