O secretario da asociación Monte Pindo Parque Natural, Mario Maceiras participou no programa Na Encrucillada (@aencrucillada) de Radio Xallas-Radio Obradoiro que presenta Xosé Manuel Lema @xmlema e fixo un balanzo dos dous anos de actividade desta asociación.
Maceiras pensa que nestes intres o inconvinte máis grande para que non haxa unha declaración de Parque Natural é a crise económica. Aconsellou precaucións e información as persoas que pretendan facer excursións a estes cumios de grande importancia xeolóxica, ecolóxica e cultural.
Podes escoitar a entrevista completa con Mario Maceiras na portada deste blogue, na parte superior dereita co título de "Monte Pindo- Con Mario Maceiras"
No hay comentarios:
Publicar un comentario