Roberto García participou no programa Na Encrucillada .
A sección do agro de Radio Xallas- Radio Obradoiro contou coa participación do secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García que acompañou a Ángel Alvariño e Xosé Manuel Lema nesta emisión. Na mesma García lamentouse de que a situación do sector leiteiro siga sendo dramática e apostou por recrudecer as medidas reivindicativas senón se consigue con carácter inmediato a "constitución urxente dunha mesa de negociación" do sector.
Con respecto o comenzo o vindeiro 6 de novembro dunha suspensión de entregas do leite, o máximo dirixente de UUAA cree que se trata dunha data precipitada e considera fundamental continuar coas negociacións para que os gandeiros poidan abordar as iniciativas coa "contundencia e eficacia" necesaria para que as folgas sexan un éxito.
Podes escoitar completa a intervención completa de Roberto García neste blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario