Mega

miércoles, 7 de noviembre de 2012

“Só queremos que o noso produto teña un prezo digno”



Mariano Pazos estivo na Encrucillada de Radio Xallas.




O representante do Sindicato Labrego Galego nas comarcas de Xallas e Barcala visitou os estudios de Radio Xallas, onde explicou as medidas consensuadas que vana tomar os produtores de leite.

“Non queremos esmolas só queremos que o noso producto teña un prezo como o pan ou a bombona de butano e que cubra uns costes e poidamos vivir dignamente” sinalou Mariano Pazos no programa “Na Encrucillada”.

Pazos manifestou que “temos que poñer unhas regras de xogo entre todos” e aínda que ninguén “querer tira-lo leite” é o momento de medidas contundentes para salvar ao sector da súa desaparición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario