O músico estivo nos estudios de Radio Xallas.
Pablo Seoane Méndez leva catorce anos a fronte da Escola de música tradicional de Santa Comba, dando clases de gaita, percusión e tamén de pandeireta. A parte disto e da súa faceta de docente noutros concellos, estamos ante un músico recoñecido que coa súa banda Pablo Seoane Grupo, participou en diferentes concertos e tamén no prestixioso festival de Lorient.
A entrevista pódese escoitar na portada do noso blog. Pablo Seoane fala sobre a investigación e recuperación de vellas cancións, o presente da música folk, e outros temas de actualidade musical.
No hay comentarios:
Publicar un comentario