O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo(PP) participará este vindeiro xoves 23 de agosto no programa matinal de Radio Xallas- Radio Obradoiro, onde falará sobre varios temas de actualidade municipal.
Landeira, como os anteriores convidados, intervirá desde as 13,00h neste espazo. O balance do primeiro ano de mandato, os proxectos para Santa Comba, a estrada de Santiago, ou as críticas de oposición son algúns dos temas sobre os que se lle preguntará ao rexedor xalleiro neste programa que se pode escoitar no 107.5 da FM ou tamén neste blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario