O
alcalde de Santa Comba foi entrevistado na radio.
“As portas da alcaldía están
abertas para todos e faremos o posible para que as necesidades sexan atendidas”
comentou o alcalde xalleiro na entrevista realizada en Radio Xallas, e na que
fixo unha valoración positiva desde primeiro ano de goberno, amosándose
convencido de que “imos ir cumprindo co noso programa electoral”.
Antonio Landeira insiste en que a
estrada de Santiago é un obxetivo irrenunciable a pesares da crise, e que se
volcará co seu plan de infraestruturas rurais para atender as vías de tódalas
parroquias. Lembrou que se van a investir, nunha fase inicial, 250.000 euros e
lembrou actuacións como a mellora da pista da Lomba, a traída de augas a
Padreiro, o abastecemento a San Cristovo, etc…
Landeira tamén tivo palabras para
José Antonio Ucha:”Entendo que o Sr. Ucha esté doído, porque o tivo cerca, pero
en Santa Comba o PSOE nunca gañou unhas eleccións. Cando foi alcalde, foino co
peor resultado da súa historia e facendo a estratexia do triciclo”.
Tamén lamentou a postura de Terra
Galega “que está a perder o rumbo” e que se “inclina hacia o PSOE incluso
presentando mocións conxuntas”. Ademáis Landeira Gallardo puso o énfase nas
negociacións entre Compromiso por Galicia, forza nacionalista de esquerdas e
Tega. “Non sei o que dirá a xenter ao ver a tres exconcelleiros do PP, formando
parte dun grupo político que se orienta a esquerda nacionalista”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario