Rafael Suárez estivo en Radio
Xallas.
O portavoz da plataforma de
afectados pola ampliación de cemeterio estivo Na Encrucillada. Non esperaba que
o párroco, Eduardo Prado se negara a acompañar ao féretro dunha veciña falecida,
ata o seu nicho.
Pero para Rafael Suárez, a gota
que colmou o vaso foi que “por primeira
vez en Santa Comba non tocaron as campanas porque se negou o cura”. Lamentan
que se repitan os conflictos que había, mentras o asunto está nas mans da
xustiza.
“Non hai dereito para que un párroco aproveite para
presionar a xente”sinalou Suárez que da por perdida a “confianza” que existía
co cura, apuntando que os culpables destes enfrontamentos “son as autoridades
eclesiásticas”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario