Mega

miércoles, 8 de agosto de 2012

Ucha Velo:"Santa Comba está peor que nunca e non cumpriron as súas promesas"


O portavoz socialista estivo en Radio Xallas.


José Antonio Ucha Velo participou “Na Encrucillada” de Radio Xallas. A entrevista pódese escoitar neste mesmo blog na sección de audios. E fixo un balance “moi deficiente” do primeiro ano de lexislatura.

Para o portavoz do PSOE, o alcalde non está capacitado para gobernar o concello e tildouno de “mono de organillero”, sen autonomía de decisión e que aínda “non cumpriu ningunha das súas promesas”.

Tamén se amosou crítico cos outros membros do PP “porque in leen a documentación dos plenos nin tan sequera as súas propias mocións”. Ucha acusou o goberno de practicar o “caciquismo puro” xa que “están perseguindo a oposición” e tamén du suposto favoritismo con determinadas empresas ou entidades.

Ucha Velo arremeteu contra a xestión do goberno, denunciando que en tempos de crise “non se pode manter este nivel de gasto” e asegurando que non era o momento para gastar 32.000 euros no acondicionamento do Museo da Terra do Xallas, ou para a”adxudicación a dedo 17.000 euros para a xestión dunha piscina durante dous meses”. Sobre o Museo pensa que non hai nin organización nin planificación. O líder socialista tamén criticou a Asociación de empresarios  a que acusou de “estar metendo a man na caixa política”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario