O concerto de Brothers in Band terá lugar este sábado na rúa Galicia de Santa Comba, pero o vocalista e guitarra da banda estivo en Radio Xallas para falar do grupo e incluso interpretar varias versións acústicas de cancións emblemáticas dos Dire Strais.
Porque a banda coruñesa fai estupendas versións do grupo que liderou Mark Knopfler. E diso dan fe as súas gravacións, e hoxe tivemos unha boa mostra no programa "Na Encrucillada".
Óscar Rosende cantou e convidou a asistir ao concerto xa que espera "que sexa algo inolvidable". Brothers in Band actuaron en diferentes lugares de España desde que se fundaran fai uns catro anos. Son nove membros e ofreceran un concerto de dúas horas e media.
No hay comentarios:
Publicar un comentario