ESCOITA A ENTREVISTA COMPLETA NA SECCIÓN DE AUDIOS
O exalcalde de Santa Comba, José Toja Parajó ofreceu a súa visión sobre a sentenza que o inhabilitou para cargo ou emprego público durante catro anos.
“Estou satisfeito por haber feito que fixen pola movida de Santa Comba. Non quero pensar o que sería hoxe este pobo, en plena crise, sen a súa movida” comentou Toja que dixo que pese a ser este “un pau no camiño”, non o fai arrepentirse “porque actuei para beneficiar aos veciños”.
Toja Parajó, alcalde durante 16 anos, agradeceu as mostras de apoio recibidas e matizou tanto a prensa como a xustiza: “Santa Comba nunca tivo 43 licencias de tablaos flamencos eran só 7”. O alcalde considera que foi vítima dunha persecución, citando como responsable aos irmáns José Manuel e Suso Otero e o Sarxento da Garda Civil de Santa Comba, Lino Lemos.
Neste blogue podes escoitar un podcast a entrevista completa a Toja no programa Na Encrucillada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario