A secretaria xeral do Sindicato
Labrego Galego, estivo presente na xuntanza celebrada o pasado venres na Casa
do Pozo e este luns falou en Radio Xallas. Descatou a sensibilización e apoio dos alcaldes que participaron no
encontro e pediu medidas urxentes nun sector que “está na corda frouxa”
“Os prezos son inferiores o que
lle custa producir” comentou Isabel Vilalba que considera que a solución pasa por “Que se tomen medidas
para que haxa un prezo que non sexa imposto pola industria e que permita a
xente vivir do seu traballo”.
Vilalba tamén suliñou que a crise dos produtores leiteiros tamén afecta ao comercio e a sociedade en xeral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario