O portavoz de Tega pide o goberno que conte coa oposición.
As críticas de Javier Facal centráronse na actitude do
goberno con respecto a oposición, xa que para este concelleiro o PP non atende “as
propostas e iniciativas” do seu grupo e percibe que “Hai deixadez e menosprecio
coa oposición”.
Facal Calvo pediu “un punto de cordura” e acordos políticos
para que as sesións plenarias foran máis “dinámicas e produtivas”. Tamén
rexeitou que se faga, no momento actual, o investimento da nova praza do campo
da Feira, e lembrou as promesas do PP con respecto a estrada de Santiago.
“Sempre dixeron que ian gobernar en minoría pero este pacto
xa era evidente antes das eleccións e dia a dia vai aflorando” comentou Javier
Facal con respecto ao apoio que presta IXSC as propostas do Partido Popular.
Máis información en www.anosacosta.es
Máis información en www.anosacosta.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario