Mega
martes, 3 de julio de 2012
Un músico histórico nas ondas
Perfecto Pereira estivo en Radio Xallas.
O músico Perfecto Pereira visitou os estudios de Radio Xallas. Alí lembrou a súa historia de “neno prodixio” a vocalista reputado en formacións como a orquestra Santa Comba, Los Dinámicos, Los Panter´s ou Los Seikos.
Pereira contou os seus inicios con nove anos, que o fixeron entrar no mundo da música, de xeito autodidacta, pero cunha grande calidade e estupendas dotes interpretativas.
Actuacións cos grandes vocalistas galegos, ou con artistas como Manolo Escobar, que o felicitou públicamente, ou inolvidables actuacións en grandes festas como a Xunqueira de Cee onde chegou a sair a ombros.
A Perfecto Pereira adícalle unha entrada no seu blog Xosé Manuel Lema
http://www.cartafoldeneboas.blogspot.com.es/2012/07/perfecto-pereira.html
Foi o convidado especial “Na Encrucillada” de Radio Xallas este martes. No programa que se emite entre as 12,05 e as 14,00h.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario