Mega

lunes, 2 de julio de 2012

Xa estamos no aire

Este 2 de xullo Radio Xallas retomaba as súas emisións.



O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo era o encargado de inaugurar as novas emisións de Radio Xallas nesta nova etapa. O rexedor comentou que "hoxe podemos alegrarnos de que Radio Xallas xa está de novo no aire", despois dos problemas que provocaron a súa paralización.

O rexedor recoñeceu que "foron moitos os veciños" os que expresaron o seu interese polo funcionamiento da radio e desexou sorte aos profisionais que se encargarán da xestión. Durante o verán, e froito do convenio entre o concello e Telecable Compostela, emitiránse dúas horas diarias de programación local e completaráse coa programación rexional de Radio Obradoiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario