O Presidente da asociación de empresarios de Santa Comba, Óliver Silvariño Pose participou este mércores 4 de xullo no programa local de Radio Xallas, que se pode escoitar no 107.5 FM ou vía on line desde o noso blog.
Silvariño anunciou que a asociación traballa nun Desfile de moda comarcal, nunha nova outlet antes de fin de ano e que nuns días botaráse a andar a campaña de promoción do comercio no verán.
Tamén se referiu a necesidade de que a Xunta acomete unha obra "fundamental" como é a estrada de Santiago e a mellora dos accesos por Coristanco. Con respecto a primeira suliñou que "agora xa toca".
No hay comentarios:
Publicar un comentario