Mega

miércoles, 18 de julio de 2012

Miguel Pérez apoiará ao goberno durante todo o mandato

“Penso que é o mellor servizo que lle podemos facer a Santa Comba” asegura.




O voceiro de Independentes por Santa Comba participou este mércores 18 de xullo “Na Encrucillada” que presenta Xosé Manuel Lema. Nesta entrevista, que se pode escoitar íntegramente neste blogue, o exalcalde xustificou o apoio “incondicional” o goberno do Partido Popular por corresponsabilidade (él foi apoiado antes polo PP) e porque cree que o mellor servizo que lle pode prestar a Santa Comba durante os vindeiros anos é garantizas “a súa gobernabilidade”.


Miguel Pérez considera “acertada” a fusión de Xallas e Santa Comba, séntese “moi satisfeito” da súa etapa como alcalde, e asegura de que a construcción da nova praza de Santa Comba é unha obra necesaria “para recuperar un espazo moi degradado e dotar ao pobo dunha maior calidade de vida”. Tamén afirmou que a estrada de Santiago é a prioridade máxima que debe ter o goberno de Antonio Landeira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario