Manel Casal criticou “Na Encrucillada” o papel da Xunta de Galicia.
O dirixente da Federación Rural
Galega, Manuel Casal Sabín participou no programa local de Radio Xallas e fixo
un balance moi negativo do sector leiteiro asegurando que “isto vai cada vez a
peor, cunha situación que se fai insostible “ e lamentando que a Xunta de
Galicia abandonara os agricultores e que “non se cambiara de rumbo”.
“En Francia a administración apoia ao sector pero aquí non” apunto o membro da Fruga no programa que se escoita cada día entre as 12,00 e as 14,00 en Radio Xallas no 107.5 da FM e por Internet neste blogue.
Manel Casal cree clave “o acceso a terra” e tamén que os gobernos arbitren “os prezos do leite porque cada vez custa máis producir”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario