Cree que a política local está demasiado confrontada.
O responsable local do BNG de Santa Comba tamén visitou o programa matinal de Radio Xallas- Radio Obradoiro. Na entrevista, que se pode escoitar íntegramente na plataforma Ivoox ou no audio colgado neste blogue, Filipe García Calvo fai un balanzo negativo do goberno do PP, por incumprimentos electorais na política de pactos e en compromisos como o da estrada de Santiago, e pola ausencia de espazos de convivencia.
O BNG tampouco coincide coa liña da oposición e sinala que “nós faríamos unha oposición máis constructiva” na búsqueda de máis diálogo. O político nacionalista pediu o apoio para a manifestación do Día da Patria Galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario