Mega

lunes, 9 de julio de 2012

Con Valeria Rodríguez


A artista xalleira Valeria Rodríguez visitou Radio Xallas o luns 9 de xullo.



Valeria Rodríguez Campos foi a segunda clasificada no pasado Festival da Canción xalleira, na categoría xuvenil. O ano pasado lograra a terceira posición. Nesta ocasión probou fortuna coa canción “Ya te olvidé” que interpreta Yuridia. Tamén xa foi convidada a varios espazos televisivos.

“Na Encrucillada” comentounos os seus gustos musicais que van desde Celine Dion ata Rocio Dúrcal e falounos da ilusión que ten de algún día “poder cantar os meus propios temas”.

Aos seus quince anos Valeria segue ensaiando, agardando que se sigan abrindo portas para demostrar a súa incontestable valía. Mentres, interpreta os seus estilos favoritos, as baladas e as rancheiras. Confesa que ela “necesita a música para vivir” e que cando actúa non ve a ninguén, todo queda en branco.


únete a Radio Xallas Santa Comba en Facebook




No hay comentarios:

Publicar un comentario