Mega

viernes, 27 de julio de 2012

Remate do curso político

Santa Comba celebrou o pleno ordinario de xullo.



En Radio Xallas este venres ocupámonos durante boa parte do programa do pleno ordinario co que se remataba o curso político en Santa Comba. Fixemos a crónica da sesión e escoitamos intervencións dos distintos voceiros e concelleiros que interviron. Foron cinco horas de debate. Unha sesión maratoniana e o segundo pleno no que hai un micrófono de Radio Obradoiro na sala.

Anosacosta.com ofrece dúas crónicas extensas sobre todo o sucedido. Pero a grosso modo destacar que se aprobou unha moción do PSOE, que pedía que o alcalde renunciara a paga extra do Nadal, e unha moción do PP que ademáis ampliaba a reducción do 50% das indemnizacións dos concelleiros por asistencia a comisións de goberno, informativas e plenos. Rexeitouse unha enmenda de PSOE e TEGA que aumentaba ao 100% a reducción e para o resto de lexislatura.

Tamén se aprobou o convenio para consorciar servizos cos concellos de A Baña, Val do Dubra e Negreira, e unha moción para mellorar o mantemento da área de recreativa, presentada polo PSOE, que tivo que retirara unha parte da súa proposta para que fora aprobada. Outras tres mocións socialistas foron rexeitadas.



ESCOITA NA ENCRUCILLADA DESDE AS 12,05 NO 107.5 DA FM OU DESDE ESTE BLOGUE


No hay comentarios:

Publicar un comentario